CRTVG

Buscar

España debe negociar durante este ano o futuro de Xibraltar

Publicado o 02/02/2020 11:03

España e o Reino Unido teñen menos dun ano para definir as súas relacións en Xibraltar. Mentres duren as negociacións, entran en vigor os acordos subscritos por ambos os dous países para este período transitorio. Son catro memorandos sobre dereitos cidadáns, tabaco, medio ambiente e cooperación policial e aduaneira.

A poboación, que no 2016 votou maioritariamente en contra do brexit, vive a desconexión, sobre todo, con incerteza. Tamén a xente que cada día cruza a fronteira para traballar en Xibraltar.

Na colonia británica, tamén houbo cerimonia da desconexión. Foi no punto fronteirizo, onde arriaron a bandeira europea entre os xestos solemnes das autoridades e algún grito de xúbilo entre o público.

Noticias web

02/02/2020