España conta co apoio de varios países para frear os recortes das cotas de pesca
Publicado o 16/12/2020 10:09
En Bruxelas, negociación complexa das cotas europeas de pesca. O brexit está a condicionar a negociación.
Os máis optimistas falan de que a medianoite podería haber unha decisión, pero as negociacións ben poderían chegar ata a madrugada.
Ao longo da mañá haberá unha nova proposta porque actualmente non gustan as que fixo a Comisión Europea.
España conta con Italia, Portugal e con Francia como aliados para frear eses recortes moi importantes nas capturas de pescada, linguado ou peixe sapo.
Esa redución de capturas no Cantábrico significaría unha caída do ata o 20 % nos ingresos por barco de toda a frota galega de artes menores.