CRTVG

Buscar

España consegue sacar outros 260 afgáns de Cabul, que chegarán esta tarde a Madrid

Publicado o 23/08/2021 11:04
EP


Outros dous avións das Forzas Armadas conseguiron evacuar esta madrugada 260 afgáns máis desde o aeroporto de Cabul, segundo informou Moncloa. Os dous avións A400 M atópanse xa en Dubai e as persoas evacuadas serán trasladadas nas próximas horas cara a España.

Con estes son xa sete os voos de evacuación que realizaron os avións A400 M enviados polo Goberno a Dubai, que está a servir de ponte para os traslados, aínda que ata a base aérea de Torrexón de Ardoz (Madrid) chegaron só catro, xa que os evacuados do domingo agrupáronse nun só avión.

Segundo o ministro de Seguridade Social Inclusión e Migracións, Jose Luís Escrivá, ata o domingo pola noite España conseguira evacuar a un total de 566 afgáns, dos que arredor da metade solicitaron asilo en España e 91 foron trasladados xa a centros de acollida.

 

Noticias web

23/08/2021