CRTVG

Buscar

España conquista na Coruña o Europeo de hóckey a patíns

Publicado o 23/07/2018 21:47

A Coruña foi talismán para a selección española de hóckey a patíns. Seis anos despois, España acadou o campionato de Europa. Impúxose na final a Portugal grazas á súa eficacia en ataque. 

España é a nova campioa de Europa. Desbancou dese posto ao seu rival na final, Portugal. E fíxoo logo dun partido xogado de poder a poder que se resolveu polo gran traballo do porteiro, Sergi Fernández, e polo acerto español. Porque Portugal tamén xogou un bo encontro, tirou máis e mesmo púxose por diante no marcador, grazas a Gonzalo Alves.

Pero España endereitou a final xa na primeira parte. Marcaron Adröher, Ferrán Font e Edu Lamas para mandar o choque con 3 a 1 ao descanso.

A volta buscouno Portugal, pero o guión non mudou. A eficacia española seguiu a ser espectacular. Alabart e Bargalló ampliaban ata o 5-1, mediado este período. E os posteiros intentos portugueses para o máis que deron foi para deixar o marcador nun 6 a 3. España, a campioa do mundo, referendou a súa supremacía e, a calor da afección galega, xa é tamén a mellor de Europa.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2018