CRTVG

Buscar

España bate a súa propia marca no transplante de órganos

Publicado o 11/01/2017 21:00

 En total, o ano pasado realizáronse case 3.000 transplantes. A maioría de fígado, seguidos dos de pulmón e de corazón. As listaxes de espera reducíronse en case tódolos órganos

España afianza a súa posición como líder mundial en doazón e transplantes de órganos. En 2016 ademais bateu a súa marca histórica, con 43 doadores por cada millón de habitantes. O rexistro é algo inferior en Galicia.

España superou o ano pasado a barreira dos 2.000 doadores de órganos, e rexistrou o mellor índice da súa historia: 43 doadores por cada millón de habitantes.

Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, en 2016 fixéronse 4.800 transplantes, o 62 por cento deles de ril, seguidos en frecuencia polos de fígado e de pulmón. 

A esas boas cifras hai que engadir a das listas de espera para recibir un órgano, que durante o ano paso se reduciron lixeiramente.

En Galicia, o índice de doazóns mantense entre os máis baixos do Estado, con 39 doadores por cada millón de habitantes. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017