CRTVG

Buscar

Bos días

España aposta por seguir estreitando lazos coa Arxentina a través do peche de novos acordos en materia de infraestruturas co país austral

Publicado o 30/03/2017 09:51

España aposta por seguir estreitando lazos coa Arxentina a través do peche de novos acordos en materia de infraestruturas co país austral.

É o que sinalou o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, no marco dunha visita a Bos Aires, en que tivo a oportunidade de reunirse con integrantes do Goberno arxentino.

España e Arxentina están a vivir un momento marabilloso nas súas relacións bilateráis dende a recente viaxe do presidente arxentino, Mauricio Macri, a Madrid.

Así o definiu o ministro de Fomento, Íñigo de la Senra a Bos Aires, onde asegurou que nos vindeiros meses a súa carteira pechará novos acordos para o intercambio comercial en materia de infraestructuras coa Arxentina.

De la Senra mantivo un encontro co ministro arxentino de Transporte, Guillermo Dietrich, e tamén co titular da carteira de Interior, Obras Públicas e Vivenda, Rogelio Frigerio, nun ano electoral onde o investimento público será protagonista na xestión de Mauricio Macri.

O ministro de Fomento resaltou o potencial das empresas españolas de obra pública para os proxectos que o Goberno arxentino está a artellar.

Por outra banda, De la Serna foi o encargado de clausurar o Foro das Cidades de América Latina para os desafíos globais, dada a súa experiencia no eido municipal como ex-alcalde de Santander.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

30/03/2017