CRTVG

Buscar

España afronta unha segunda Semana Santa sen turistas

Publicado o 01/04/2021 17:40

Só Sevilla calcula perdas de máis de 400 millóns de euros

É o segundo ano que Sevilla queda sen procesións pola covid. Centos de persoas fan ringleira para ver os tradicionais pasos que desta volta se expoñen no interior das igrexas.

"Estamos intentando regular a afluencia de público mantendo a distancia de seguridade e entrando en grupos de 15 ou 20 persoas para que non se acumulen dentro da capela".

O ambiente é mellor có do ano pasado. No 2020 estabamos confinados e desta volta, polo menos, podemos cumprir con parte da tradición. Aínda así, a sensación entre os máis devotos móvese entre a resignación e a tristeza.

"A Semana Santa estouna pasando mal porque xa é o segundo ano e a certa idade xa nos dá medo non estar ben para o ano que vén". "Con pena pola pandemia e porque hai unha semana que morreu unha cuñada pola Covid". "Eu estaba desexando poñer xa a mantilla, tíñaa lista dende hai 2 semanas".

Pero a quen máis está afectando a pandemia da covid é ao sector turístico.

"A facturación con respecto ao 2019 baixou polo menos nun 40%. "Non hai ninguén, un fracaso total e sen poder darlle de comer aos animais porque non hai traballo".

Cun pouco de sorte, a ciencia permitirá retomar a festa o vindeiro ano. Todos soñan xa cun 2022 no que todos esteamos vacinados e as procesións de Semana Santa volvan ser seguras.

 

Noticias web

01/04/2021