CRTVG

Buscar

España afronta o pico da pandemia con máis de 5.000 sanitarios infectados polo virus

Publicado o 24/03/2020 23:49

O peor está por chegar, aínda que os números asustan. Nas ultimas 24 horas houbo un 20% mais de contaxios, a maioría en Madrid e Cataluña. O número de falecidos é de 2700. Con todo, diciamos, o peor está por chegar.
Fernando Simón di que será unha semana moi dura para o sistema sanitario.

Despois, a curva comezará a baixar, cando se reduzan os novos contaxios grazas ás medidas de confinamento.

"O que estamos vendo agora é, na transmisión, o que ocorreu hai uns dias", precisa Simón.

Os técnicos recoñecen que o sistema sanitario está en situación moi complicada, agravada polos 5.400 profesionais sanitarios infectados.

Afortunadamente, aseguran os expertos, a incidencia é desigual e tamén afectará de xeito desigual ao sistema sanitario.

A primeira comunidade en risco de sufrir o colapso sanitario será Madrid. Por iso, o Goberno decidiu este martes enviar á capital do Estado os recursos necesarios desde outras partes do territorio que hoxe non o precisan tanto.

"É o momento da solidariedade con Madrid", di o ministro de Sanidade.

Noticias web

24/03/2020