CRTVG

Buscar

España, á cabeza da doazón de órganos en todo o mundo

Publicado o 28/08/2019 18:42
España, á cabeza da doazón de órganos en todo o mundo

España segue á cabeza da doazón de órganos en todo o mundo, por vixésimo ano consecutivo. Unhas cifras que falan de 50 doadores por millón de habitantes. Isto supón, en termos globais, o 19 por cento das doazóns de toda a UE e o 6 por cento das rexistradas a nivel mundial. Outro dato a ter en conta é que seis de cada 10 doadores vivos son mulleres.

España tamén encabeza os trasplantes a nivel mundial, con 114 casos por millón de habitantes, lixeiramente por enriba dos Estados Unidos e moi por encima da media europea, que roza os 67.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/08/2019