CRTVG

Buscar

Indignación en Barbadás porque esnaquizan tumbas no camposanto de Valenzá

Publicado o 26/01/2020 14:53

Vaia desagradable sorpresa levaron hoxe os veciños da Valenzá, en Barbadás, cando descubriron a desfeita que uns vándalos provocaron no cemiterio. Esnaquizaron sete tumbas. Os estragos son moi cuantiosos pero o peor, din, é o dano emocional para as persoas que teñen alí soterrados os seus defuntos.

Sete tumbas esnaquizaron no camposanto de Bernabé, na Valenzá, en dous días. Pero o máis importante, din, é o dano persoal , hoxe os fieis desta parroquia estaban moi doídos e enfadados.

Miguel é o propietario dunha das sepulturas escachadas, aquí ten soterrados aos pais, unha irmá e ao avó. A Policía Local de Barbadás e a Garda Civil xa estiveron aquí e buscan os autores desta desfeita.

Hoxe rastrexaban nas redes por se os autores colgaran os estragos para conseguir likes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2020