CRTVG

Buscar

Esnáfrase un camión frigorífico na ponte de San Caetano, na parroquia pontevedresa de Alba

Publicado o 09/10/2018 14:25

Así quedou este camión frigorífico procedente de Soria tras bater contra a ponte de San Caetano na parroquia pontevedresa de Alba. É un suceso que se repite unha media de cinco veces ao ano e que nunca coincidiu co paso do tren pola vía, aínda que tras un impacto si que houbo que cortar o tráfico ferroviario tras un accidente.

Os veciños e propietarios de negocios consideran que a llimitación debería estar mellor indicada, con máis anticipación e sobre todo que os GPS non inclúan esta ruta para os camioneiros ou que informen da restrición, xa que moitos destes camións chegan aquí traídos polas novas tecnoloxías.

En casos como o de hoxe, o camión ten que circular un bo treito marcha atrás, cos problemas de circulación que iso ocasiona, nesta estrada PO-225 pola que transcorre tamén o Camiño Portugués de Santiago ao seu paso por Pontevedra. Por iso, tamén son moitos os que consideran que serían precisas unhas beirarrúas.

A Garda Civil regulou o tráfico ata que a estrada volveu á normalidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2018