CRTVG

Buscar

Esnáfrase no Sudán do Sur un avión con 44 persoas a bordo

Publicado o 20/03/2017 21:00

O accidente produciuse no aeroporto de Wau e o aparello pertence á compañía South Supreme

Un avión con 44 persoas a bordo esnafrouse hoxe en Sudán do Sur.

A pesar destas imaxes que mostran a fusexale partida en dous e envolta en lapas, non houbo mortos no sinistro. Segundo a prensa local, a aeronave sufriu algún tipo de avaría pouco antes de aterrar nun aeroporto do norte do país. Saía fume da cola antes de esnafrarse, e cando tocou chan comezou a arder. Unhas 20 persoas precisaron atención médica. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017