CRTVG

Buscar

Esnafran un coche contra a fachada dunha empresa de Lugo para roubar con dúas empregadas dentro

Publicado o 15/10/2019 14:38

Asaltan de madrugada unha empresa no polígono lugués das Gándaras cando no seu interior había dúas empregadas.

Os ladróns esnafraron o coche, que tamén era roubado, contra a fachada do negocio. Isto foi o que alertou as empregadas, que se esconderon e avisaron a policía.

Os ladróns ían armados con coitelos. O dono da empresa visualizou todo o ocorrido a través do seu móbil, que o ten conectado ás alarmas da nave. O coche en que fuxiron os ladróns apareceu horas despois queimado no concello de Guntín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019