CRTVG

Buscar

Esixen solucións para os estragos que causa o botellón na zona da Laxe, en Vigo

Publicado o 05/03/2019 13:57

Tres días despois aínda quedan restos do último botellón que se celebrou na zona das Avenidas, en Vigo. Concentracións que comezan a ser insoportables para os veciños e hostaleiros da contorna. Quéixanse de ruídos, de estragos en terrazas e embarcacións e de sucidade. Estragos que fan complicada a convivencia e que deixan unha imaxe lamentable nunha das zonas máis turísticas da cidade.

O consumo de alcohol e a proximidade ao mar desta zona complica aínda máis as cousas. Na fin de semana de Entroido a policía tivo que rescatar un mozo que caeu ao mar. Veciños e hostaleiros advirten do perigo e piden solucións antes de que se produza unha desgraza.

Esta semana está prevista unha reunión entre todas as partes implicadas. Os afectados confían en que se poida atopar unha solución. 

Noticias web

05/03/2019