CRTVG

Buscar

Esgotados os billetes para visitar as illas Cíes ata o 24 de agosto

Publicado o 10/08/2018 09:42

As illas Cíes son un dos maiores reclamos para os turistas, e isto provocou que as autorizacións para viaxar a este paraíso natural se esgoten ata o 24 de agosto. No mes de xullo emitíronse máis de 63.800 permisos para viaxes dun día e para acampar. Ninguén pode acceder ás embarcacións sen que a súa autorización sexa escaneada polo persoal do Parque Nacional. A demanda dos permisos, implantados de xeito definitivo este verán, está a acadar o seu pico máis alto co comezo do mes de agosto. En total emítense 2.000 autorizacións ao día para viaxar ás Cíes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018