CRTVG

Buscar

Escrivá nega que a súa proposta para reformar as pensión implique recortes

Publicado o 03/02/2021 15:06

O ministro da Seguridade Social nega que a reforma que prepara das pensións vaia supor ningún recorte. Defende volver ligalas ao IPC e asegura que non minguarán cando este índice sexa negativo, senón que subirán menos nos seguintes exercicios.

José Luis Escrivá avoga pola ampliación do cómputo a 35 anos, para que se poidan escoller os mellores anos de cotización. José Luis Escrivá tamén cre que é necesario alongar a vida laboral dos traballadores, incluso reformando os convenios colectivos para prohibir a xubilación obrigatoria. Na súa opinión, "se un convenio colectivo che pode prohibir esa posibilidade, apaga e vamos!", e defende que haxa cambios.  

 

Noticias web

03/02/2021