Escrivá estima que a metade das solicitudes do ingreso mínimo vital non cumpren os requisitos
Publicado o 11/07/2020 09:49

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, estima que a metade das solicitudes recibidas para acceder ao ingreso mínimo vital serán rexeitadas.
Escrivá, nunha entrevista en Antena 3, cifrou en 510.000 as solicitudes presentadas desde a súa entrada en vigor a mediados de xuño e admitiu que o Goberno "non esperaba un número tan alto" de peticións, que chegou a cualificar de "enorme". O titular de Inclusión e Seguridade Social estima, que "por experiencias anteriores", só a metade desas solicitudes reunirá as condicións para recibir o ingreso mínimo vital.