CRTVG

Buscar

Escrivá anuncia a reforma do sistema de pensións á volta do verán

Publicado o 28/02/2020 09:09

O Goberno central pretende aprobar á volta do verán unha reforma do sistema de pensións que garanta por lei o mantemento do seu poder adquisitivo. Anunciouno en comisión parlamentaria o ministro do ramo.

José Luis Escrivá asegura que a caixa da Seguridade Social non pode seguir usándose como colchón en tempos de crise. Di que eses "gastos impropios" deben financiarse con impostos. O ministro insistiu na mensaxe de que o sistema é solvente e sostible. Para reforzalo propón unha reforma da Lei de estranxeiría que facilite o acceso legal. Tamén dixo que a idade de xubilación legal e a real -que está hoxe en 64 anos- deben aproximarse.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020