CRTVG

Buscar

Escribá xoga o seu posto esta noite no Villamarín ante o Betis

Publicado o 30/10/2019 15:20

O Celta pon en disputa esta noite no Villamarín algo máis ca 3 puntos. Se o equipo perde caería ao descenso e probablemente Fran Escribá perdería o seu posto.

O crédito de Escribá esgótase. O seu sistema non acaba de funcionar. No club déronlle tempo, pero os números non acompañan. 2 vitorias en 10 partidos e o máis preocupante, o equipo só marcou 5 goles en 10 xornadas. Iso é 1 gol cada 2 encontros. 

Duelo de urxencias e semellanzas no Villamarín. Comezando polos técnicos, os dous están na picota.

Falemos pois dos equipos, os dous en horas baixas. Con expectativas incumpridas e números que os abocan ao inferno. Igualados a 9 puntos. 5 goles a favor leva o Celta, o equipo con peor pegada de Europa. 20 tantos en contra o Betis, o que máis encaixa na liga.

O Betis foi o primeiro rival de Escribá co Celta. Hoxe podería ser o punto de inflexión ou pechar o círculo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019