CRTVG

Buscar

Escribá traza as liñas mestras do seu Celta: "Queremos gañar xogando o mellor posible"

Publicado o 23/05/2019 20:53

Escribá falou hoxe do Celta que pretende para a próxima temporada. Onte asinou a súa renovación e hoxe ofreceu as liñas mestras do equipo que quere construír esta próxima temporada. O técnico valenciano traballa sobre tres eixes: aprender dos erros do pasado, amosar contundencia no campo e sumar vitorias xogando ben ao fútbol. 

"Tentaremos explotar ao máximo o talento, porque isto non se trata de gañar ou non vale gañar de calquera forma e ademais aquí historicamente houbo equipos que xogaron moi ben e gustaríanos gañar pero preto do que á xente tamén lle gusta, xogando evidentemente o mellor posible".

"Temos que defender mellor e temos que ser un equipo máis agresivo e contundente nese tipo de situacións e iso non che quita alegría no ataque. Eu o que si que quero é que o equipo sexa un equipo moito máis consistente, máis duro".

"Temos a experiencia das cousas que fixemos mal este ano e que non queremos volver facer pero mesmo a nivel todo, club, afección, decatarnos de que todos unidos somos máis fortes e se somos quen desa unión que nos fixo salvarnos nos últimos dous meses e medio ou tres meses, se somos quen de, dende o día un, conectar coa nosa xente e facerlles ver o importantes que son para nós, estou convencido de que toda esta experiencia tan dura será positiva ao final".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019