CRTVG

Buscar

Escribá, satisfeito co rendemento do equipo nesta semana

Publicado o 06/04/2019 14:26

Once goles en dous partidos tolos como aperitivo á visita da Real Sociedade. A principal preocupación de Escribá é substituír ao mancado Brais Méndez. Malia os 5 tantos encaixados, Escribá non está excesivamente preocupado.

Fran Escribá, adestrador do Celta."Tanto a segunda parte do Vilarreal como o partido en Huesca posicionalmente estivemos ben".

O punto de Huesca foi valioso porque nunha segunda metade de moito fútbol directo por parte dos de Francisco, o equipo segue reactivado arriba.

Fran Escribá, adestrador do Celta. " O equipo ofensivamente segue producindo".

Da Real Sociedade preocúpanlle moitas cousas, en especial os seus laterais ofensivos...

Fran Escribá, adestrador do Celta. "Non hai mnellor forma de parar aos seus laterais que atacar por aí".

Entre bromas pola incorporación tardía de Boufal ao quecemento, o Celta preparou o seu terceiro partido nunha semana con Pione Sisto facendo méritos por se o partido é máis de toque que de pelexa...

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/04/2019