CRTVG

Buscar

Escribá: "O partido co Xirona non é definitivo, pero entramos nunha semana moi importante"

Publicado o 18/04/2019 17:56


Para o partido ante o Xirona, o celtismo volve movilizarse. O sábado ás 11 da mañá, os seareiros están convocados para recibir aos xogadores na explanada de Balaídos. Hai moito en xogo e todos os guiños axudan. Como a presenza esta mañá do presidente Carlos Mouriño e do director deportivo, Felipe Miñambres, no adestramento. Chega un partido clave. Xirona 34 puntos. Celta 32. Gañar suporía dar un paso de xigante de cara á salvación. 

O cincuenta por cento da salvación está no partido deste sábado, segundo palabras de Iago Aspas. Escribá non quixo falar de porcentaxes pero tamén destacou a relevancia do choque ante o Xirona, ao que superarían en caso de vitoria.

Semana de tres partidos. Na anterior o Celta sumou sete puntos de nove posibles. Repetilo faría que a liña de meta, na carreira pola salvación, estivese máis preto.

Emre Mor recuperouse da escordadura de nocello que sufriu e está a disposición do técnico, que só ten as baixas de Brais e Juncá.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019