CRTVG

Buscar

Escribá: "Non teño dúbida de que o Celta fará unha boa temporada"

Publicado o 23/08/2019 21:19
Santi Mina e Hugo Mallo, dispoñibles contra o Valencia

Fran Escribá recoñece que ten mellor equipo que a temporada pasada e pide calma se tardan en chegar os puntos.

Escribá: "O inicio é dunha dificultade tremenda pero este cadro de xogadores é mellor e máis compensado. Imos facer unha boa temporada, non teño ningunha dúbida."

Escribá nega que lle esixira ó club fichaxes dun perfil concreto.

Escribá: "Nunca demanmdei nada. Pape é unha fichaxe excelente"

Contra o Valencia pide máis intensidade defensiva, sen que sirvan de referencia os tres goles do Real Madrid.

Escribá

No ataque xa pode contar con Santi Mina, recuperado da lesión igual que Hugo Mallo. Máis difícil é que partan como titulares nun partido tan esixente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019