CRTVG

Buscar

Escribá cre que con Mina o Celta tan máis mobilidade arriba

Publicado o 21/07/2019 15:35

E mellorou o Celta no segundo tempo, cando Escribá puxo no campo a Brais, Iago, Mina e Pione Sisto en liña de ataque. Na primeira parte, o técnico saíu con Sergio Bermejo, Lautaro, Fernández e Dénis Suárez. Incluso só tardou dous minutos en tomar vantaxe nunha falta sacada por Denis cara a Fernández, erra Cantero e Pita, no seu intento de afastar o perigo, marca en propia meta.

O uruguaio fixo honra ao alcume de Touro, rematando todo o que lle viña, pero o equipo foi apagándose segundo pasaban os minutos. Circunstancia que aproveitou o Lugo para achegarse á portería de Sergio. Primeiro foi Cristian Herrera quen asustou ao meta.

Nove minutos despois, a media hora de xogo, Tete Morente fai unha gran xogada individual, pero o seu remate estrelase no poste no que eran os mellores momentos do Lugo no partido.

Eloi Jiménez, adestrador do C.D. Lugo: "Eu voume con moi boas sensacións porque no primeiro tempo o equipo competiu e o gol penalizounos".

Fran Escribá, adestrador do R.C. Celta: "Na primeira metade tivemos dous dianteiros máis de referencia, na segunda con xente de moita máis mobilidade como Iago entre liñas, o propio Santi".

Precisamente, os dous, xunto con Brais Méndez e Pione Sisto, axitaron o xogo celeste que volveu marcar ao pouco de volver do descanso nunha triangulación entre Aspas, Sisto e Santi Mina, que poñía o dous a cero.

O Lugo pola súa parte desapareceu tralo descanso. O único destacado foi este paradón de Varo tras un disparo de Sisto.

Os vigueses dominaron o segundo tempo e pecharon o resultado nun penalti a Olaza transformado por Iago Aspas. Pero tanto para Escribá como para Eloy aos seus equipos aínda lles queda moito por facer.

Fran Escribá, adestrador do R.C. Celta: "A nivel defensivo temos que ser moito máis intensos, e hoxe, aínda que é un partido de pretemporada, é importante empezar os partidos sen encaixar".

Eloi Jiménez, adestrador do C.D. Lugo: "Eu agardo que cheguen cinco ou seis xogadores porque é o que necesitamos, estamos tendo moita xente do filial e logo futbolistas que están saíndo dunha lesión e vai custar tempo que estean a un ritmo alto".

Un deses xogadores é Juan Hernández, quen puido saír nesta conversa entre Saqués e Mourinho. Polo de pronto, o céltico non xogou.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/07/2019