CRTVG

Buscar

Escribá: "Con estas cousas estragamos o fútbol"

Publicado o 16/09/2019 16:56

Prieto Iglesias é o nome do colexiado. O VAR actuou dúas veces en accións que non vira o árbitro. Primeiro esta pisada de Jorge Sáenz a Soldado no talón de Aquiles, que este ano se castiga con vermello malia non haber intención. E despois, unha prancha de Fran Beltrán tras ser obxecto de falta. Todo isto, antes da primeira media hora de xogo. Dúas accións que, a xuízo de Fran Escribá, acabaron co fútbol en Balaídos.

Total, un partido condicionado polas expulsións. Aquí están os goles do Granada. Antes do descanso marca o central Germán. Fallo defensivo que pon en vantaxe o equipo do vigués Diego Martínez.
O segundo tanto é un soberbio gol. Marca Herrera, parecido ao de Kroos na xornada inaugural do campionato. Dous goles, dúas expulsións, todo a favor do Granada.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019