CRTVG

Buscar

Fran Escribá: "Falta moitísimo por facer"

Publicado o 23/04/2019 19:49

Os risos e a ledicia instaláronse na Madroa acompañando os últimos bos resultados. A permanencia vese preto pero Fran Escriba lembra que "falta moitísimo por facer e alégrame que a xente non estea tan preocupada, pero o adestrador segue igual de preocupado ca antes".

Toca visita ao Español, un equipo que busca os espazos para as contras.

"É un equipo que me gusta moito como corre. Corre moi ben, ten xente arriba moi rápida, que se demarca moi ben, tanto se xoga con tres arriba máis abertos, como se xoga con dúas referencias máis claras é un equipo que en transicións é moi moi perigoso", sinala o técnico celeste.

Unha vitoria ante o Español achegaría un pouco máis o obxectivo da permanencia pero non pecharía a loita.

"Nada será definitivo nin nun sentido nin noutro, pero a vitoria déixanos moi preto, moi preto porque quedan 12 puntos por xogar, porque a marxe pode ser un pouco maior pero teremos que seguir loitando", di Escribá.

E na pelexa deste mércores non estará o sancionado Boufal. Pione e Hjulsager compiten polo seu posto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/04/2019