CRTVG

Buscar

Desartellada unha banda dedicada ao tráfico de mulleres para o coidado de persoas dependentes

Publicado o 07/08/2019 12:58

A Garda Civil detivo en Madrid, Huesca e A Rioxa sete membros dunha mesma familia que formaban unha banda dedicada ao tráfico de seres humanos para o coidado de persoas dependentes, co que escravizaron 50 mulleres desde 2016 e obtiveron beneficios económicos de máis de 750.000 euros.

Entre os detidos, de entre 19 e 41 anos, atópanse catro mulleres, dúas delas irmás, e tres homes, pertencentes a un mesmo clan familiar de orixe nicaraguana.

Tiñan as súas bases de operacións establecidas en Logroño e Alfaro (A Rioxa) e en Huesca. A Garda Civil identificou 50 mulleres que foron vítimas desta organización, que as traía a España e as mantiña en réxime de escravitude dedicadas ao coidado de persoas de avanzada idade, enfermas ou con algún tipo de dependencia.