Escotet e Rivera cren que os fondos europeos son unha "oportunidade histórica"
Publicado o 01/10/2021 15:37
No foro que se celebra na Toxa os empresarios galegos falaron da importancia de que veñan os cartos europeos para poder relanzar os seus proxectos.
Ignacio Rivera, o presidente de Hijos de Rivera, unha das empresas máis importantes de Galicia, apuntou que as compañías que non reaccionen a tempo corren o risco de quedar no camiño.
Tanto Rivera como Juan Carlos Escotet coincidiron en que Europa vai ser clave na recuperación económica. Consideran que os fondos europeos son unha oportunidade histórica para poder volver á senda do crecemento.