Galicia Noticias Mediodía
Escolares ourensáns celebran o Día Internacional da Paz
Publicado o 30/01/2018 14:29
Hoxe é 30 de xaneiro, é o Día da Non Violencia e a Paz. Os máis cativos levan días participando nas escolas de toda Galicia en diferentes actividades para lembrar que o diálogo e a tolerancia contribúen á convivencia. Os rapaces de Ourense foron hoxe á Praza Maior para conmemorar esta xornada, pero coidan que a súa mensaxe debe estar presente na sociedade cada día do ano.
Son rapaces de tres colexios de Ourense, tan só unha pequena parte dos moitos que hoxe celebran por toda Galicia o Día da Non Violencia e a Paz.
Nas últimas semanas os seus profesores axúdanos a entender o porqué desta celebración. Un día no que ademais toca facer memoria.
Un manifesto, unha canción e mesmo unha solta de globos. Cada pequeno xesto vale hoxe para lembrar a importancia da súa mensaxe.
Esta xornada educativa naceu aló polo ano1964. Décadas despois a súa razón de ser permanece inalterable: unha educación en paz e tolerancia para favorecer o entendemento das distintas culturas.