CRTVG

Buscar

As ANPAS abren a súa propia investigación cunha empresa de control de calidade

Publicado o 30/10/2019 11:38

Os 41 escolares de colexios de Marín e Pontevedra intoxicáronse, supostamente, por comer palometa en mal estado. O problema detectouse en 9 centros nada máis servir os primeiros pratos, que provocaron unha reacción alérxica leve nalgúns alumnos. 

Nos centros escolares de Marín a Pontevedra comén arredor de 1.000 escolares, catro centros en Marín e 18 centros na cidade de Pontevedra. As intoxicación leves en alumnos apareceron en 9 centros.

Rogelio Carballo, presidente da FANPA, explica cómo está a situación: "Foron síntomas de alerxias leves con síntomas que apareceron e desapareceron en moi pouco tempo, axiña se recuperaron os rapaces. Non houbo ningunha complicación grave. Agora mesmo está aberto o expediente por parte de Sanidade, a petición da empresa que xestiona os comedores contratados por nós, e nós tamén temos aberta unha investigación cunha empresa de control de calidade que xa temos contratada hai cinco anos".

"Temos o mesmo caso que tivo a Consellería nas súas escolas infantís: as empresas non teñen relación entre elas, os provedores de peixe non teñen relación entre eles, pero nalgún punto da cadea houbo algún problema coa partida de palometa que está afectando varios centros".
 
"É a primeira vez que pasa en 15 anos. O control sanitario en Galicia está ben traballado e ben regulado. Como ANPA e como pais, que facemos isto de forma voluntaria, non estaría de máis ter o apoio da Administración en casos coma este, para saber se o estamos facendo correctamente, e máis axuda por parte do soporte xurídico da Consellería, porque, a fin de contas, estamos facendo un traballo que non nos correspondería a nós".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019