CRTVG

Buscar

Escolares galegos e lusos participaron nunha solta de salmóns no Miño

Publicado o 24/05/2019 14:08

Hoxe conmemórase o Día Mundial da Migración dos Peixes, e escolares de Tui e Valença quixeron celebralo dun xeito diferente. Acudiron ata o río Miño, onde realizaron unha solta de crías de salmón. De catro en catro embarcaban e no medio do río botaron ata 7.000 peixes. 

Xornada diferente para os escolares de Tui. Cambiaron os pupitres polo río e deste xeito conmemoran o Día Mundial da Migración dos Peixes. Participan nunha repoboación xunto con escolares da outra beira do Miño que chegaron a bordo dunha zodiac.

Os escolares embarcaban de catro en catro e no medio do río Miño ían botando as crías de salmón. Moitos deles ían xa coa lección ben apredida e tiñan uns amplos coñecementos deste peixe. Os que si sabían das propiedades do salmón eran os escolares portugueses.

E entre viaxe e solta, os rapaces decatáronse da importancia que ten a repoboación de peixes no río Miño. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019