CRTVG

Buscar

Bos días

Escolares dun colexio de Mos queren que Miguel Bosé asista ao seu festival de fin de curso

Publicado o 12/06/2018 09:59

Enviáronlle unha mensaxe moi especial a Miguel Bosé. Querían que acudira ao festival fin de curso para que vira as súas actuacións. Todas elas con cancións deste artista. Son escolares de Mos que conseguiron que o cantante lles contestara á súa petición. Non pode acudir ao festival, que terá lugar o venres, porque está en México.

Fixéronlle unha petición moi especial a Miguel Bosé, e pronto chegou a súa resposta cunha mensaxe. Son cativos de Infantil do colexio Lar de Mos que na función de fin de curso van interpretar cancións deste cantante. Todo comezou coa intención de obter un "gústame" por parte do artista nunha rede social.

O seu vídeo acadou entres días máis de 14.000 visualizacións. Aos cativos fíxolles moita ilusión que Miguel Bosé lles contestara. Profesores e cativos levan semanas ensaiando os números musicais para despedir o curso.

Os nervios quedarán ben apartados o venres que é cando celebran o seu festival de fin de curso. Miguel Bosé non poderá asitir porque está en México pero de seguro que os cativos non esquecerán a súa mensaxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

12/06/2018