CRTVG

Buscar

A Revista FDS

Escolares do Carballiño coñecen o patrimonio cultural da aldea de Moldes, en Boborás

Publicado o 30/09/2017 14:04




Imos ir cuns escolares á clase. Pero clase ao aire libre. Coñecer o noso patrimonio cultural para amalo e evitar a súa desaparicion. Con esa premisa escolares do Carballiño viron esta semana con outros ollos a aldea de Moldes, en Boborás. Unha igrexa románica, dous pazos, a biblioteca de Chamoso Lamas... todo nunha aldea a apenas dez minutos da súa casa. Toda unha clase de arte e historia que foi quen de sorprender ata os máis pequenos.


Desta volta a clase é o aire libre, na aldea de Moldes. E a primeira parada non é outra que a igrexa románica de San Bartolomé.

Así que toca escoitar e aprender. Algo de historia, e tamén de arte.

Estes rapaces e rapazas estudan no Chamoso Lamas do Carballiño. Hoxe teñen a oportunidade de coñecer a biblioteca persoal do home que lle dá nome ao seu colexio. Está aquí, en Moldes, igual que o pazo dos Losada Diéguez do século XVIII, perfectamente conservado por dentro e por fóra. E o pazo Tizón, máis antigo, e agora transformado en adega. A tarde foi toda unha sorpresa para os cativos.

A de hoxe forma parte do programa de trece visitas guiadas que organiza ata finais de outubro o concello de Boborás. Un dos municipios con máis riqueza patrimonial da provincia de Ourense. Con vistas a esta fin de semana ofrecen unha visita nocturna para coñecer o patrimonio de Pazos de Arenteiro.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

30/09/2017