CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Escolares de Vilaboa coñeceron a flora e a fauna das Salinas do Ulló

Publicado o 02/02/2018 14:29

Moita teoría, moita teoría, pero non hai nada como a práctica para aprender de verdade o que poñen nos libros. Escolares de Vilaboa coñeceron a flora e fauna da contorna das Salinas do Ulló, onde recolleron residuos, porque hoxe é o Día das Zonas Húmidas. Moitos dos rapaces xa sabían do lugar pero non tiñan nin idea de que alí había unha produción salina importante, ou de que é un espazo da Rede Natura.

Están a coñecer o espazo natural, sensibilizándose co medio ambiente e coñecendo a historia. Estes escolares de Vilaboa foron ás Salinas do Ulló para celebrar o Día Mundial das Zonas Húmidas. Trátase dun espazo da Rede Natura.

Pasearon pola zona e mesmo recolleron os residuos que atopaban polo lugar. Coñeceron a historia sobre a produción do sal no lugar e viron un antigo muíño de mareas.

O Día Mundial das Zonas Húmidas celébrase dende 1977, moitos destes escolares de seguro que xa non esquecerán esta data.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí