CRTVG

Buscar

Escolares de tres colexios de Sigüeiro toman a vila para o seu desfile

Publicado o 21/02/2020 15:27

A viva imaxe da expectación. Pero como non van mirar con tanta atención os pais se o Entroido nos dispensa imaxes verdadeiramente impagables.

Así desfilaban por Sigüeiro os nenos e os pais de tres colexios. Pleno Entroido, tempo de darlle voz a todo tipo de loucura.

Algúns van inspirados polo bosque. Outros, inspirados por algún outro país.

E outros directamente inspirados por este país, por esta gaita.

E canta o cego na fielmente recreada feira da Foca.

E pan, cunha panadeira que parece vender pistolas.

É a antiga Feira da Foca, que no colexio do Camiño Inglés imaxinan así e representan así.

Ninguén escapa do Entroido.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/02/2020