CRTVG

Buscar

Escolares de Ourense gañan o premio europeo Design For Chan, que presentarán diante do Papa

Publicado o 20/11/2019 14:03

Alumnos de secundaria o colexio Carmelitas de Ourense presentarán diante do Papa o seu proxecto para promover a reciclaxe e mellorar o coidado do noso medio ambiente. Son os únicos escolares galegos gañadores dun concurso europeo que busca ideas para cambiar os hábitos da sociedade cara a unha actitude máis respectuosa co planeta.

Os escolares gañadores son son María Castro, Claudia Selas, Uxía Fernández e Martín Dasilva.

Subiron as redes sociais fotografías e vídeos  para concienciar a sociedade de que non temos un planeta altenativo. O primeiro banzo, sensibilizar a comunidade educativa. Colocaron por todo o colexio mensaxes coma estas e colectores de reciclaxe.

O proxecto completouse co traballo realizado cos máis pequenos. A través de xogos aprendéronlles a reciclar.

Presentarán o proxecto en Roma, onde serán recibidas polo Papa.

Martín Dasilva, gañador do concurso Design For Change: Implicar os máis novos na busca de solucións aos problemas do planeta é o obxectivo do concurso Design For Change en que participan escolares de todo o mundo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2019