CRTVG

Buscar

Escolares de Boiro limpan a praia de Barraña

Publicado o 11/06/2019 14:45

Ás 10 da mañá daba comezo esta actividade, enmarcada nun proxecto común entre a Fundación Ecomar e o grupo empresarial boirense Jealsa. Durante a xornada de limpeza, alumnos dos colexios Praia Xardín e Santa Baia asistían a un taller sobre reciclaxe, para logo empregar os coñecementos recollendo e seleccioando o lixo da praia de Barraña. O obxectivo non é outro que conciencialos para mellorar o estado dos recursos mariños.

Unha problemática cuxa magnitude é tal que cada ano chegan 8 millóns de toneladas de lixo ao mar. A Fundación Ecomar ten programadas unhas 60 limpezas en praias este ano, grazas a colaboracións con escolas e empresas que loitan por reducir o seu efecto negativo sobre o mar.

Calculan que na mañá recolleron cerca de 200 quilos de lixo desta praia, suficiente para que os cativos aprendesen a lección.

Despois da xornada de hoxe, estes alumnos queren deixarlle unha mensaxe clara.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019