CRTVG

Buscar

Escolares de Ames homenaxean a Carlos Casares

Publicado o 15/05/2017 18:02

Infantil e primaria traballaron catro das obras infantís con máis sona do autor ourensán

Continúan as homenaxe ao escritor Carlos Casares, nos días previos ao 17 de maio. A maioría das escolas galegas organizan actos, actividades ou mostras sobre o autor ourensán. Hoxe, os seus sobriños Daniel e Virxinia visitaron en Ames a exposición feita polo alumnado do centro en que cursaron estudos.

Daniel e Virxinia regresan a esta escola, en que estudaron, despois de moitos anos. Veñen coñecer a exposición que preparou o alumnado do centro para homenaxear o seu tío Carlos Casares.

Infantil e primaria traballaron catro das obras infantís con máis sona do autor ourensán.

O alumnado de secundaria e bacharelato encargouse de recompilar datos sobre a traxectoria xornalística e literaria de Carlos Casares. Hoxe os seus sobriños visitan a mostra nun percorrido en que se mesturan lembranzas escolares e familiares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2017