CRTVG

Buscar

Escolares da Rúa recrean a xesta de Magalhães e Elcano

Publicado o 14/05/2019 17:15

O encoro contén a maior superficie de auga que se pode ver na rúa de Petín, pero a xesta marítima de Magalhães e Elcano centrou o traballo dos alumnos deste colexio, grazas, sobre todo, á paixón da súa orientadora polo persoeiro histórico.

Ángeles Terrón, orientadora do colexio Pablo VI: "A idea xurdiu do propio Magalhães, e dígoo así, porque cando un le a biografía del, que convido a lela porque é unha biografía apaixonante. Estamos a falar de nenos do interior, onde o mar queda lonxe. O propio Magalhães era tamén do interior e mirade onde chegou".

Dedicaron todo o curso a documentarse para elaborar o material da exposición. Souberon colaborar nun traballo coral, en que cada quen se especializou nun aspecto da épica viaxe iniciada en 1519.

O centro logrou a implicación de numerosos expertos e entidades, mesmo da propia casa real, vinculados co feito histórico. A exposición centrou o interese dos colexios da zona e será presentada a un premio educativo. É toda unha aventura do saber.

Noticias web

14/05/2019