CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Escola musical para nenos en Lugo

Publicado o 15/12/2014 20:52



Dende ben pequeniños os nenos poden desenvolver diversas aptitudes. Con esta premisa traballa unha escola de música de Lugo en que a través dos sons fomentan o desenvolvemento cognitivo e psicomotriz dos máis pequenos.

Coa música como guía, e sen importar a idade, os nenos poden mellorar o seu desenvolvemento. Esta é a filosofía dunha escola de música lucense que conta cun método propio en que poden participar nenos dende o berce e a través do cal desenvolven diversas aptitudes.

Os cativos van pouco a pouco coñecendo os intrumentos e responden de xeito positivo á formación, que ademais é bilingüe.
Ricardo, con só catro anos, xa se atreve cunha enorme batería e como el os demais nenos van escollendo as súas preferencias.

Conforme van medrando, os nenos reciben unha ensinanza oficial, especializada e personalizada para formar grandes músicos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí