CRTVG

Buscar

Escavan nunha praia da Illa de Arousa para localizar unha salgadura romana

Publicado o 04/04/2019 17:35

Un equipo de arqueólogos da Universidade de Vigo traballa esta semana na praia do Naso, na Illa de Arousa. Están a escavar nun xacemento coñecido desde os anos 60 e catalogado como romano, dentro dunha investigación que estuda a industria do peixe de hai oitocentos anos.

Adolfo Fernández, profesor de Arqueoloxía da Universidade de Vigo: "Nos traballos que están a facer estes días atoparon grandes estancias. Unha delas pode corresponder a unha habitación duns catro metros de longo. Tamén acharon restos de cerámica: ánforas ou pratos. Pero a erosión do mar, que avanzou dous ou tres metros nas últimas décadas, destruíu parte do xacemento".

Cren que se puido construír no século segundo e abandonarse no cuarto. Tamén pretenden descubrir que tipo de peixes ou salsas se producían daquela nas costas galegas, como se comercializaban e ata onde se vendían.

Noticias web

04/04/2019