CRTVG

Buscar

Escasos contaxios nas escolas infantís de Galicia, que este curso teñen menos alumnado

Publicado o 10/10/2020 18:23

O un de setembro comezou a actividade nas escolas infantís de Galicia. Nos centros privados hai este curso 6.000 alumnos, dous mil menos que o curso anterior polo medo á covid-19. Porén, apenas houbo contaxios desde que empezou o curso, só 25 persoas resultaron afectadas e iso tendo en conta que os cativos de cero a tres anos non empregan máscaras e non están obrigados a gardar a distancia social.

Dez mil cativos de entre cero a tres anos ían as escolas infantís privadas galegas antes da pandemia. O medo a COVID reducíu esa cifra a 6.000 porén desque comezou o curso a cifra de infectados é de tan só 25 persoas contando tamén que estas escolas contan con catro mil traballadores. O balanzo para os responsables do sector é moi satisfactorio.

En escolas como esta que rexenta Fernando se escolarizan 70 nenos en cinco grupos burbulla, xa non comparten salas, nin coidadores ou profesoras, nin fan actividades grupais fóra da súa burbulla. E contrataron tres persoas máis, malia ter menos alumnos que o ano pasado. Os nenos tan cativos non levan máscara nin están obrigados a gardar distancia social.

A normalidade que impera no sector está favorecendo que algúns alumnos se estean incorporando neste segundo mes de actividade.

Noticias web

10/10/2020