Escaso tránsito de viaxeiros nos aeorportos galegos
Publicado o 31/12/2020 16:28
Entre estas imaxes do pasado Nadal e estas de hoxe pasou un ano e unha pandemia polo medio. Para hoxe só hai oito voos de chegada ao aeroporto Rosalía de Castro, a metade procedentes das illas Canarias e Baleares. Neles, viaxeiros que veñen pasar a Noitevella coa súa familia:
Na zona de saída do aeroporto, un pouco do mesmo, poucos voos de saída e xente que retorna aos seus fogares.
Máscaras e distancia social mesmo para recibir a familia no aeroporto. Entre os viaxeiros, todo preparado de cara ás probas que lles soliciten.
Lembren que aqueles viaxeiros procedentes de comunidades con alta incidencia de covid deben comunicar a súa estancia en Galicia no rexistro do Sergas.