CRTVG

Buscar

Escasez de pisos para alugueiro de estudantes na Coruña

Publicado o 02/10/2017 21:20

Nos campus da universitarios da Coruña seguen a anunciarse cuartos para compartir piso. É o pouco que queda a estas alturas do curso. Para os estudantes este ano non foi doado atopar aloxamento en alugueiro na cidade.

Din os expertos que a causa desta escaseza é o aumento da demanda. Cada vez son máis os universitarios que quedan vivir na Coruña. Por iso animan os propietarios a abrirse a este mercado. 

O último ano a suba dos prezos foi xeneralizada, non só para os estudantes, chegando a rozar de media os 180 euros por cuarto compartido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2017