CRTVG

Buscar

Escarlatina, a cociñeira defunta

Publicado o 25/10/2015 20:00

A protagonista deste libro e os seus creadores acaban de recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil

As ilustracións fixeron famosa a Escarlatina, a cociñeira defunta máis entrañable entre os máis pequenos. A protagonista deste libro e os seus creadores acaban de recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil.

Internámonos no estudo do seu creador visual que xa traballa nunha nova versión de Escarlatina xunto a Ledicia Costas, a escritora do mesmo.

Todo comeza aquí. Nun boceto de onde xorden todas as personaxes. Así nace Escarlatina, a cociñeira defunta máis de moda inspirada na noiva cadáver e no universo de Tim Burton.

O creador deste mundo visual acolle este premio nacional de literatura infantil con moita satisfacción, aínda que lle outorga todo o protagonismo á súa escritora, Ledicia Costas. E malia que ambos non paran de recibir premios, o seu éxito é grazas ao fenómeno fan que lle outorga o seu público.

Escarlatina a cociñeira defunta xa vai pola súa quinta edición. Agora foi traducida ao castelán e en breve ao catalán. Pero non só iso, Víctor e Ledicia xa traballan nunha segunda entrega. Unha precuela que nos presenta a protagonista antes da súa morte. Presentámoslles a Esmeraldina, un western que chegará o vindeiro ano ás librarías galegas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2015