CRTVG

Buscar

Escape de gas sen consecuencias no barrio compostelán de San Lázaro

Publicado o 08/04/2021 18:19
Escape de gas sen consecuencias no barrio compostelán de San Lázaro

A rápida intervención dos bombeiros de Santiago foi clave para que un escape de gas fose rapidamente controlado na zona de San Lázaro. Unha veciña detectou un forte cheiro a gas nos arredores da súa casa a primeira hora da tarde. Cando mirou viu uns operarios cunha escavadora que romperan unha tubaxe. Rapidamente alertou a policía e bombeiros que ventilaron e botaron auga para dispersar o gas antes de pechalo e avisar nos arredores de que permaneceran nas casas. Finalmente todo quedou nun susto.

Noticias web

08/04/2021