CRTVG

Buscar

Uns descoñecidos escachan sete tumbas do cemiterio da Valenzá, en Barbadás

Publicado o 26/01/2020 19:41

Indignación e moita tristura despois de que uns descoñecidos esnaquizaran en dous días sete tumbas do camposanto de Bernabé, na Valenzá.

E o peor din é o dano emocional. Miguel ten soterrados nunha das tumbas escachadas a súa irmá e aos seus país.

A Policía Local de Barbadás e a Garda Civil tratan de identificar os autores desta desfeita.

Pensan que pode tratarse dun grupo de mozos que xa ten provocado danos no mobiliario urbano de Barbadás.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2020