CRTVG

Buscar

Derrúbase a fachada traseira dun edificio situado en pleno centro de Vigo

Publicado o 11/02/2021 15:27

As fortes chuvias poderían ser as responsables do derrubamento dunha fachada traseira dun edificio en pleno centro de Vigo.

Aínda está acordoado o edificio para evitar o acceso de peóns e tamén dos moitos curiosos que se achegan a ver o estado no que quedou o edificio. O inmoble, de catro andares, está situado na rúa Areal e sobre el pesaban xa varias denuncias no concello precisamente polo seu deterioro.

A parte que se derrubou é a traseira. Polo que comentaron algúns veciños o tellado está intacto. O estrondo foi tremendo, o susto tamén. Gran parte dos cascallos caeron no patio interior de vivendas e moitos deles sobre unha pista deportiva dun ximnasio que hai contiguo.

O derrubamento produciuse polas 10:30 da mañá e ata alí se achegaron policía local, policía nacional, bombeiros e tamén os servizos de emerxencia. Por sorte non houbo feridos xa que, grazas á pandemia, o ximnasio estaba pechado. Agora o que toca é facer avaliación dos danos materiais

 

Noticias web

11/02/2021