CRTVG

Buscar

Erupción do Kilauea, un dos volcáns máis activos do mundo

Publicado o 29/12/2020 21:01

Espectaculares imaxes do volcán Kilauea, en Hawai, que segue botando lava tras varios días en erupción. O servizo meteorolóxico hawaiano advertiu dunha posible erupción, de aí que as autoridades da illa pediran á poboación que permaneza nas súas casas para expoñerse o menos posible ás cinzas. O Kilauea é un dos volcáns máis activos de mundo e unha das principais atracións turísticas de Hawai.

Noticias web

29/12/2020