CRTVG

Buscar

Errejón racha co PSOE en Móstoles tras os polémicos nomeamentos da alcaldesa

Publicado o 07/10/2019 14:18

Os dous edís de Más Madrid marchan do Goberno local de Móstoles ante o que cualifican de crise institucional e despois de pedir sen resultado a dimisión da alcaldesa ao longo da semana pasada.

Nos últimos días, a socialista Noelia Posse viuse forzada a revogar a contratación por decreto da súa propia irmá, e viu como un tío seu renunciaba como novo director da área de Deportes do Concello, ao igual que unha amiga súa da infancia, á que nomeara coordinadora do gabinete da alcaldía.

A atención está posta agora nos dous concelleiros de Podemos que aínda lle manteñen ao seu apoio, malia que foi desautorizada e criticada nas últimas horas pola dirección do PSOE.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019